jueves, 25 de enero de 2024

FALADOIROS LITERARIOS

 O alumnado do Club de lectura Pasamos Páxina asistiu aos faladoiros literarios organizados polo Concello de Ourense onde debateu, con alumnado doutros centros de secundaria da provincia, sobre os temas de As alumnas, obra dramática de Paula Carballeira. 

A continuación, tivo lugar o encontro coa autora que respondeu todas as preguntas do alumnado e rematou cunha amena contada. Parabéns ás/aos participantes!











 

viernes, 22 de diciembre de 2023

Club de lectura

Reúnense os membros do club de lectura, Pasamos Páxina, para recoller o exemplar d'As alumnas de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e que é a obra elixida para o faladoiro en galego das Tertulias Literarias do Concello de Ourense.



jueves, 30 de noviembre de 2023

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O alumnado de Oratoria de 4º ESO comparte o seu traballo sobre a violencia contra a muller co que pretende persuadirnos da necesidade de concienciación e actuación colectiva para evitar esta eiva da sociedade actual.











miércoles, 29 de noviembre de 2023

LUZ NA TERRA

 O alumnado de bacharelato ampliou o seu coñecemento coa exposición titulada Luz na Terra. Unha visita guiada realizada no Gaiás sobre o Seminario de Estudos Galegos (SEG), unha institución de alta cultura da que se cumpre o centenario do seu nacemento e que rematou traxicamente coa sublevación militar fascista de 1936.

Tamén accedeu ás instalacións da Biblioteca de Galicia onde  se complementa a exposición co labor das mulleres do SEG, ben como socias activas, ben como protectoras ou usuarias da súa biblioteca.

Complementouse a visita cunha didáctica explicación do proxecto do arquitecto norteamericano Peter Eisenman, unha visita á instalación A inauguración de Joel Blanco unha festiva exposición sobre a historia das orquestras en Galicia.












jueves, 9 de noviembre de 2023

ILUSTRACIÓN

 Rematou a exposición física na biblioteca das láminas de Mayte Alvarado e Carles Dalmau, que podemos seguir desfrutando no seguinte vídeo ou lendo as súas obras.



jueves, 2 de noviembre de 2023

martes, 24 de octubre de 2023

Día das Bibliotecas

 Este ano o lema elixido Tecendo Comunidades pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas como centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que nos unen.

E dende a nosa biblioteca queremos achegar mostras desa comunidade tecedora que de xeito voluntario elaborou materiais para a formación de persoas usuarias.